CONVOCATORIA DE ASAMBLEA CON ELECCIONES
PLAN DE PREVENCION Y DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTALES
A.C. Sta. Columba – Ribadelouro
Corría o año 1952 cando chegou a Ribadelouro Doña Isabel Para facerse cargo da escola unitaria de nenas.
Dende ese momento plantou nesta parroquia as paixóns que mais lle gustaban, o baile galego e a interpretación, por eso a nosa presenza aquí debemollo a Ela.
Recolle entre os veciños da parroquia todo aquelo que podían aportar para comezar os primeiros bailes.
Xa formado comeza a súa andadura e aquela recolleita deu os seus primeiros froitos sendo recoñecido pola critica de gran intres cultural a esceneficacion total do proceso do liño no ano 78 na praza de San Fernando de Tui para remata con unha marabillosa “Danza do liño”.
Seguimos crecendo e o grupo bautizase co nome de “o fato de danzas de Ribadelouro” as actuacións acumulábanse tanto dentro da comunidade, como fora dela.
Fomos os primeiros dos arredores en organizar o primeiro festival folklorico internacional, traendo grupos de fora da comunidade e do pais veciño Portugal sen deixar de celebrado cada ano ata o momento.
No ano 89 en xunio fundouse o grupo de gaitas e percusión que engadido co grupo de baile fan a A.C. completa e andadura do grupo non para, seria moi longo lembrar os sitios dende a nosa parroquia ata o estranxeiro, nos cales sempre estivo a nosa presenza e como somos moi perseverantes no ano 2010 formamos o grupo de cantareiras e pandereteiras.
Contamos con unha canteira bastante estensa, e confiamos que co noso animo e a xente que nos acolle aínda podamos chegar mais lonxe.
Grazas a veciños e colaboradores
ASOCIACIÓN CULTURAL SANTA COLUMBA DE RIBADELOURO
Con cerca de 65 anos de historia ás súas costas, a agrupación situouse como un referente da música e do baile no sur de Galicia, sendo un punto de unión e encontro entre a mocidade de tódalas parroquias veciñas.
O seu grande recorrido fixo que esta agrupación viaxara e mostrara a nosa música por toda a xeografía galega así como nos países veciños de Portugal e Francia.
No ano 2014 ábrese unha nova etapa no transcorrer da agrupación, encamiñándose á conservación e divulgación da música e baile tradicional. Así como ó fomento á recuperación do patrimonio cultural da súa propia parroquia.
Na actualidade o grupo de baile e pandereteiras está dirixido por Carlos Álvarez, o grupo de gaitas por Diego Alonso e o grupo de percusión vai da man de Ramón Corral.
Veñen de traballar arreo neste últimos anos na recuperación dos Cantos de Reis da súa parroquia, divulgando e dando a coñecer ás novas xeración a historia musical dos seus ancestros, así como ó estudio do vestiario sa súa rexión.
Por iso no ano 95 e despois de comprobar que contábamos na parroquia con xente chea de talento e ganas de sacalo fora, decidiuse formar o grupo de playbacks, e desde entón foise consolidando, e a proba e que a gran cantidade de solicitudes que teñen para facer acto de presenza en festivais e outros actos de índole cultural e social.
Cabe destacar a súa posta en escea as súas fantásticas coreografías e as súas perfectas imitacións, que non deixan indiferentes a niguen. E todo isto grazas a tenaz disciplina e a sua gran dedicación, que poñen os seus integrantes, tanto nos ensaios como nas súas atuacions.