CONVOCATORIA DE ASAMBLEA CON ELECCIONES

PLAN DE PREVENCION Y DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTALES

A.C. Sta. Columba – Ribadelouro

Corría o año 1952 cando chegou a Ribadelouro Doña Isabel Para facerse cargo da escola unitaria de nenas.
Dende ese momento plantou nesta parroquia as paixóns que mais lle gustaban, o baile galego e a interpretación, por eso a nosa presenza aquí debemollo a Ela.
Recolle entre os veciños da parroquia todo aquelo que podían aportar para comezar os primeiros bailes.
Xa formado comeza a súa andadura e aquela recolleita deu os seus primeiros froitos sendo recoñecido pola critica de gran intres cultural a esceneficacion total do proceso do liño no ano 78 na praza de San Fernando de Tui para remata con unha marabillosa “Danza do liño”.
Seguimos crecendo e o grupo bautizase co nome de “o fato de danzas de Ribadelouro” as actuacións acumulábanse tanto dentro da comunidade, como fora dela.

Fomos os primeiros dos arredores en organizar o primeiro festival folklorico internacional, traendo grupos de fora da comunidade e do pais veciño Portugal sen deixar de celebrado cada ano ata o momento.

No ano 89 en xunio fundouse o grupo de gaitas e percusión que engadido co grupo de baile fan a A.C. completa e andadura do grupo non para, seria moi longo lembrar os sitios dende a nosa parroquia ata o estranxeiro, nos cales sempre estivo a nosa presenza e como somos moi perseverantes no ano 2010 formamos o grupo de cantareiras e pandereteiras.
Contamos con unha canteira bastante estensa, e confiamos que co noso animo e a xente que nos acolle aínda podamos chegar mais lonxe.
Grazas a veciños e colaboradores

ASOCIACIÓN CULTURAL SANTA COLUMBA DE RIBADELOURO

A Agrupación folclórica Santa Columba de Ribadelouro nace en dita parroquia tudense a mediados do século XX. Encamiñada ó enxalzamento do patrimonio cultural, da os seus primeiros pasos da man de Dona Isabel García Sobral, impulsora e promotora das ensinanzas da época.

Con cerca de 65 anos de historia ás súas costas, a agrupación situouse como un referente da música e do baile no sur de Galicia, sendo un punto de unión e encontro entre a mocidade de tódalas parroquias veciñas.
O seu grande recorrido fixo que esta agrupación viaxara e mostrara a nosa música por toda a xeografía galega así como nos países veciños de Portugal e Francia.
No ano 2014 ábrese unha nova etapa no transcorrer da agrupación, encamiñándose á conservación e divulgación da música e baile tradicional. Así como ó fomento á recuperación do patrimonio cultural da súa propia parroquia.
Na actualidade o grupo de baile e pandereteiras está dirixido por Carlos Álvarez, o grupo de gaitas por Diego Alonso e o grupo de percusión vai da man de Ramón Corral.
Veñen de traballar arreo neste últimos anos na recuperación dos Cantos de Reis da súa parroquia, divulgando e dando a coñecer ás novas xeración a historia musical dos seus ancestros, así como ó estudio do vestiario sa súa rexión.

Esta asociación nos seus comenzos non solo facía baile galego, si non que na nosa parroquia celebramos uns festivais onde cabía de todo, desde desfiles de moda, imitacións, baile moderno, etc.
Por iso no ano 95 e despois de comprobar que contábamos na parroquia con xente chea de talento e ganas de sacalo fora, decidiuse formar o grupo de playbacks, e desde entón foise consolidando, e a proba e que a gran cantidade de solicitudes que teñen para facer acto de presenza en festivais e outros actos de índole cultural e social.
Cabe destacar a súa posta en escea as súas fantásticas coreografías e as súas perfectas imitacións, que non deixan indiferentes a niguen. E todo isto grazas a tenaz disciplina e a sua gran dedicación, que poñen os seus integrantes, tanto nos ensaios como nas súas atuacions.